_agenda Agenda

As peque-rutas lévannos ata o río Lérez

O grupo de senderismo Andaina, pertencente á Asociación Cultural ‘O Coto‘, xa ten preparada unha nova peque-ruta para esta fin de semana adaptada para o público familiar e para os máis pequechos da casa. Propóñennos un fermoso percorrido de 5 quilómetros polas pontes que cruzan o río Lérez ao seu paso polo pobo de Pedre.

Ao remate da ruta visitarase a carballeira de San Xurxo de Sacos e os restos do antigo balneario do mesmo nome. Para os interesados en participar, o grupo sairá o domingo 25 de outubro ás 11 horas do Colexio Público Carballal-Cabral. Se queres máis información podes chamar aos teléfonos 986 487957 ou 676 524529.

También te puede interesar