_agenda Agenda

O aire noruego de Kings of Convenience abre o Sin Sal este outono

Os noruegos Kings of Convenience abrirán o Sin Sal.
Os noruegos Kings of Convenience abrirán o Sin Sal.

Cambio de estación e cambio de Sin Sal. A nova edición deste festival chega o próximo 3 de novembro con novidosas propostas musicais nas que as mutación do folk, o rock ou o pop, as novas formas da electrónica e a música clásica centrarán o programa. Os encargados de dar paso a unha nova estación serán os noruegos Kings of Convenience, que tocarán xunto coa cantautora chilena Javiera Mena no Centro Cultural Caixanova (3 de novembro, 21 horas), a un prezo de escándalo: entre 10 e 15 euros.

Ao día seguinte, tomará o Marco (20:30 horas) Bedroom Community, un grupo formado por dous estadounidenses, un islandés e un australiano cunha polifonía de voces unidas por algo máis que a filiación comercial (10 euros).

Tender Forever e Emilio José chegan ao Marco o 19 de novembro (20:30 horas, 10 euros). Baixo o primeiro nome agóchase Melanie Valera, unha francesa afincada en Portland que reivindica a sinxeleza tras a sorpresa dos seus primeiros discos.

O 30 de novembro é o turno da mestura de riffs propios do heavy metal con propostas post-rock dos fineses Circle, que xa quedaron baixo a etiqueta de heavy alternativo. Será tamén no Museo Marco, ás 20:30 horas (8 euros).

A responsabilidade de pór a guinda final recaerá esta estación na banda californiana The Dodos (17 de decembro no Marco ás 20:30 horas) e o seu estilo psych folk que deixa composicións de corte clásico cunha sección rítmica a cargo dunha eminencia en percusión africana, Logan Kroeber.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.