Vigo al minuto

O alcalde anuncia a construcción doutro aparcadoiro en Teis

alcalde Teis

O alcalde cifrou en máis de catro millóns de euros a inversión municipal destinada á humanización da rúa Sanjurjo Badía.

Así o asegurou Abel Caballero durante unha visita aos traballos de mellora da segunda fase da rúa, na súa parte máis próxima á rotonda de Guixar, que está próxima ao seu remate, e que dará paso á humanización do último tramo da rúa -entre Pedro Alvarado e Bos Aires-, adxudicada polo goberno local onte xoves.

Xunto á humanización de Sanjurjo Badía, o alcalde quixo coñecer sobre o terreo o Barrio das Flores e as rúas Foxos e Toural, que serán humanizadas o próximo ano con cargo a fondos europeos conseguidos para Teis. Abel Caballero recordou que trátase de “zonas moi habitadas e bastante deterioradas” que, na súa mellora, investiranse un millón de euros.

Un novo parking preto do Mercado de Teis

O proxecto municipal integral para mellorar o barrio de Teis, que iniciouse coa humanización do entorno do Mercado, foi definido polo alcalde como un “proxecto ambicioso” que incluirá, segundo avanzou, un aparcadoiro para residentes da zona “de prezo asequible”, o cal será presentado próximamente.

You may also like