Vigo al minuto

O Concello abre o prazo de convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais

Estas escolas infantís son centros de titularidade municipal, xestinados por empresas concesionarias, que escolarizan a nenos e nenas de 0 a 3 anos empadroados no termo municipal, e que promove o Servizo Municipal de Educación do Concello. Neste intre, a Rede de Escolas Infantís Municipais (EIM) está integrada por seis equipamentos para o vindeiro curso 2012-2013.

Estos equipamentos municipais, segundo informa a Concellería de Educación nunha nota, “ pretenden ofrecer aos cidadáns un servizo educativo para a primeira infancia desde unha dobre vertente: educativa, entendida como unha prestación  que nace do dereito do neno á educación nun ambiente axeitado ás súas necesidades, unha función que é complementaria á educación recibida no seo do propio ambiente familiar”.

Asimesmo, salienta o concello, as EIM, cumpren, ademáis, cun obxectivo asistencial, xa que ao mesmo tempo pretende ofrecer un servizo de carácter social ás familias traballadoras do municipio, mediante horarios que permitan a correcta conciliación da vida familiar e laboral.

Os requisitos específicos para ser adxudicatario/a de praza nas EIM son os seguintes:

Que a/o nena/o teña a súa residencia en Vigo e teña nacido no momento de presentar a solicitude

– Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso e non ter cumpridos 3 anos o 31 de decembro de 2012

As escolas teñen un horario contínuo de 07’30 h. ás 20’00 horas. E ao longo do mesmo, os nenos permanecerán un mínimo de 4 horas. e un máximo de 8 horas.

Os interesados poderán solicitar praza a través do formulario normalizado de solicitude que poder ser recollido no Servizo Municipal de Educación, nas propias EIM ou ser descargado na páxina web municipal: www.vigo.org. Para máis información, os interesados poden pinchar aquí.

 

También te puede interesar