Galicia

Os socialistas galegos acusan a Feijóo de mentir e asegurán que a Operación Campeón pasa polo despacho do presidente

A acusación a fixo este xoves, en rolda de prensa, o voceiro socialista no Parlamento de Galicia quen subliñou que o presidente da Xunta “mentiu aos galegos e galegas” sobre a súa vinculación co empresario farmacéutico Jorge Dorribo, principal imputado en la ‘Operación Campeón’. Abel Losada indicou que o sumario da mesma demostra que a trama de cobro de subvencións “pasa polo despacho do presidente da Xuntae esixiu a súa comparecencia xunto coa dos conselleiros de Economía, Facenda, Sanidade e Medio Ambiente para explicar a súa implicación no caso.

Losada dixo que “Galicia non merece un presidente que lle minta”, en alusión á resposta de Feijóo ao líder socialista Pachi Vázquez, cando en outubro pasado dixo que mantivera unha xuntanza co empresario imputado “con luz e taquígrafos”, que “non falaran de facturas nin subvencións”, e que “non hai posibilidade de ningún tipo de irregularidades”.

O responsable socialista considera que estas afirmacións, en sede parlamentaria, constitúen un “exercizo de cinismo” por parte de Feijóo logo de que o levantamento do segredo do sumario evidencien que xa coñecía das peticións de Dorribo. Ademais, o empresario sinala que “movería a subvención” meses antes de concederlle un total de catro millóns de euros a través do Igape e do Banco Europeo de Investimentos.

O portavoz socialista dixo que o presidente da Xunta “faltou á verdade” no Parlamento de Galicia, xa que “recibiu a Dorribo e falaron de subvencións concedidas irregularmente a este tecido empresarial co apoio explícito de deputados do PP, organismos gobernados por persoas do PP e da propia Presidencia da Xunta”. Criticou a participación de Feijóo nesta “mistura indecente de intereses políticos e empresariais”.

Os socialistas presentaron hoxe a solicitude de comparecencia urxente no Parlamento tanto do presidente da Xunta como dos conselleiros de Economía, Facenda e Sanidade e Medio Ambiente, cuxos departamentos están implicados nesta trama. Instounos a contar toda a verdade e tomar as decisións necesarias para “recuperar a confianza dos galegos e das galegas” nun momento en que esta resulta “capital para a recuperación económica”.

Advertiu que estas mentiras son de “extrema gravidadee constitúen un “atentado directo contra a confianza e un insulto á intelixencia dos galegos e galegas”, e mesmo constitúen unha “bomba de reloxería para a recuperación económica”. Esixiu ao presidente da Xunta que “por primeira vez acepte a comparecencia solicitada pola oposición”.

Lembrou as reiteradas negativas da Xunta a dar conta da súa implicación nesta trama diante da Cámara ata o momento en que Feijóo estivo “obrigado a contestar” porque lle fixo a pregunta o presidente do Grupo Socialista na sesión de control e criticou que fronte ás promesas de “luz e taquígrafos” a realidade foi que “a luz estaba fundida e o taquígrafo de vacacións, porque non enviaron nada da documentación solicitada dende o Grupo Socialista”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.