Ciencia y Tecnología

O ‘Cornide de Saavedra’ investigará a pescada na plataforma galega

O buque oceanográfico zarpará este martes dende o porto de Vigo cara á  coñecida coma ‘plataforma galega’, que abrangue dende Fisterra a Estaca de Bares, co obxectivo de realizar unha investigación sobre a pesvada. Trátase, segundo o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), de seguir adiante coa campaña iniciada en 2011, e que rematará en 2013, no que un equipo de científicos do Instituto Español de Investigacións Mariñas, do Instituto Nacional de Investigación e Desenvolvemento Pesqueiro de Arxentina, AZTI-Tecnalia e do Instituto de Investigacións Mariñas participarán no estudio para avaliar a «ecoloxía do recrutamento da pescada» na plataforma galega.

Os biólogos centraranse na observación das larvas e exemplares xuvenís desta especie, para coñecer como está a poboación de pescada, dende os primeiros estadios de vida, ata a fase de pesca, incidindo na súa capacidade reproductiva e nos aspectos que afecta á súa supervivencia.

Trátase dun estudo particularmente interesante logo de que se detectase unha sensible deminución de exemplares adultos de pescada, polo cal o traballo retomarase nos vindeiros meses de xuño e outubro, nos que os científicos traballarán cunha rede de 92 estacións fixas, dende os 50 ata os 500 metros de profundidade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.