Vigo al minuto

Máis de mil comercios solicitaron as axudas da tenencia de alcaldía para afrontar a crise

cesterosUn total de 1.056 establecementos comerciais solicitaron as axudas convocadas pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio para paliar os efectos da crise e as obras na cidade. A contía destas subvencións, destinadas a fomentar o emprego e a formación, ascende a 1,2 millóns de euros, dos que 600.000 euros corresponden a este ano 2009, e unha cantidade igual se sumará no primeiro trimestre de 2010, cando se abrirá unha nova convocatoria.

 

Os criterios para valorar a concesión das subvencións son o mantemento do número de traballadores de cada empresa solicitante e tipo de contrato de cada empregado, a incidencia das obras na disminución das ventas e, en terceiro lugar, os procesos de formación dos traballadores e traballadoras. Unha vez que o comité leve a cabo a valoración pertinente, a resolución estará rematada a mediados de decembro.

 Estas subvencións se suman as axudas dirixidas ás familias con menos recursos, e tamén convocadas pola Tenencia de Alcaldía, destinadas a fomentar o consumo nos pequenos e medianos comercios da cidade. Deste xeito, son un total de 2.400.000 euros os investidos para potenciar o consumo no comercio vigués nesta época de crise.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.