_agenda Agenda

En Caixanova as que mandan son as mulleres

Tres artistas, un esceario único e unha homenaxe ás mulleres pioneiras no campo da música, como a francesa Françoise Hardy. Con esta idea celebrarase mañá 21 de novembro no Centro Cultural Caixanova (22:30 horas) o festival Voces Femininas, que contará coa actuación da canadiense Basia Bulat, a americana Dawn Landes e a sueca Hello Saferide.

Todo para proporcionar un espazo no que dar a coñecer o gran talento das cantautoras, un lugar no que «mostrarse ás mulleres creativas», e que nesta ocasión reúne a tres mulleres novas procedentes de distintos lugares do mundo. Para que a noite sexa redonda, nas principais salas de Vigo soamente se pinchará música interpretada por voces femininas.

As súas carreiras

A cantautora canadiense Basia Bulat.
A cantautora canadiense Basia Bulat.

A cantante e compositora canadiense Basia Bulat publicou no 2007 o seu primeiro traballo, “Oh my darling”, no que amosaba a súa portentosa voz. A crítica destaca a maxia das súas actuacións en directo, así como a capacidade para conectar co público. En xaneiro do 2010 está prevista a edición do seu segundo disco “Heart of my own”.

Dawn Landes, pola súa banda, deuse a coñecer no 2002 co álbum “Dawn’s Music”, integrado por temas dun folk imaxinativo co que chamou a atención da crítica e o público. Ten traballado como enxeñeira de son ás ordes de Philip Glass e actuado por todo o mundo acompañada de artistas como Tindersticks, Hem, Elvis Perkins ou Swell Season. Neste ano 2009 acaba de publicar o seu terceiro disco, “Sweet Heart Rodeo”.

Hello Saferide é o proxecto persoal de Annika Norlin, unha das artistas que con máis talento e forza teñen irrumpido no panorama musical sueco dos últimos anos. Ten acadado tanto o recoñecemento da crítica internacional como do público, e no 2008 publicou o seu segundo traballo ”More modern short stories from Hello Saferide”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.