Comarcas Vigo al minuto

O mellor mel é o do Condado…Paradanta

Que o mel de o Condado Paradanta é unha das máis aprezadas do país, non era un segredo…e agora xa o é a voces. A derradeira deuna a X Cata de Mel de Galicia, organizada pola Consellería de Medio Rural e o Consello Regulador Mel de Galicia,  na que o mel do Condado acadou a medalla de prata na categoría de meles multiflorais, só por detrás de Veiga Florida de A Rua (Ourense) e por diante da afamada O Trobo Mel do Valadouro (Lugo).

Este ano participaron no certame un total de 21 meles (5 monoflorais 16 multiflorais) pertencentes a 16 industrias envasadoras de indicación xeográfica protexida Mel de Galicia.

Entre os catadores encargados de elixir as meiores estaban o director do programa ‘Come e fala’, da Radio Galega, Xosé Manuel García; a doctora en Farmacia e profesora de hixiene, nutrición e dietética do Centro Superior de Hostelería de Galicia, María Elena Álvarez Piñeiro; o periodista e escritor gastronómico Miguel Vila Pernas, ou a enxeñeira agrícola de Industrias Alimentarias Mariela Barca Villarta.

A entrega de premios tivo coma marco o hotel Carlos 96 de Melide donde, nun acto presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, 25 productores foron distinguidos pola calidade dos seus productos.

O recoñecemento do mel do Condado Paradanta, tivo en consideración o seu sabor e textura, cor e presenza en boa parte debida á grande diversidade de flora melífera, composta polo eucalipto, as árbores frutais, coles, castiñeiros ou carballos do Condado que garanten a produzón de mel dende febreiro a agosto, coma poden degustar os milleiros de persoas que a compran dentro e fora de Galicia e milleiros máis que asisten cada ano á Festa do Requeixo e da Mel de As Neves, considerada unha das máis salientables do país.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.