Cultura

O domingo tes unha cadeira reservada na Festa do Cabazo

O próximo domingo día 4 de decembro celebrarase a “XXIV Festa do Cabazo” no Colexio Carballal organizada pola Asociación Cultural “O Coto”.

A festa dará comenzo ás 11:30 h. co seguinte programa: Grupo de Gaitas Airiños do Coto” da A. C. «O Coto». Grupo de Pandereiteiras «A Buxaina» do C.R.A.C. de Coruxo. Lectura do pregón, a cargo de Xosé Couñago, Mestre da EOI de Vigo, especialista e divulgador do Patrimonio Etnográfico e da Cultura Galega. É promotor dunha web sobre o Patrimonio Cultural de Vigo. Presentador da serie Lendas Vivas, que se emite por V Televisión; unha serie documental que combina as entrevistas con historiadores e expertos coa interpretación das Lendas Galegas.

Grupo de Pandereiteiras “Bolboreta” de Vigo. Pola tarde, a partir das 17:30 h, actuarán: Grupo Folclórico  “Helios ” de Bembrive. Animación do  “Grupo de Danzas do Mundo-Monteira” de Vigo. Durante todo o día poderán degustarse diferentes pratos feitos con cabazo. Mostra de Artesanía. Exposición sobre a historia da Festa do Cabazo, na que se mostra o proceso de cultivo, recollida, elaboración e degustación do cabazo.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.