Ciencia y Tecnología

En Mondariz xa se pode navegar a 7 megas por banda

Máis de 360 veciños de Mondariz poderán acceder á Internet de calidade nos próximos días, tralo despregamento neste concello da tecnoloxía UMTS-3G por parte de Telefónica, dentro do Plan de  Banda Larga da Xunta.

O núcleo de poboación beneficiado nesta primeira fase do despregue é o de Vilasobroso, que poderá navegar pola Rede a velocidades de 7 megas. Será unha  oferta de completo Hogar Dixital, pois Telefónica subministrará unha base wifi á que se poden conectar vías inalámbrica distintos dispositivos como o ordenador, o móbil ou a tableta.

A tecnoloxía empregada por Telefónica é a UTMS-3G na banda de 900 Mhz., con grande capacidade de propagación en zonas rurais orográficamente complexas. Deste xeito, ademais de poder contratar o acceso á Rede, no entorno das devanditos núcleos de poboación mellorará sensiblemente, ou activarase por vez primeira, a cobertura de datos en mobilidade.

O despregamento en Mondariz forma parte das actuacións do Plan de Banda Larga para dotar de cobertura a todos os galegos en 2013. Esta acción, adxudicada a Telefónica en setembro pasado, ten como obxectivo facilitar o  acceso á Rede de 11.300 novos núcleos de poboación galegos ubicados en zonas de Galicia de especial complexidade orográfica, e nos que viven 250.000 persoas. En Mondariz, a execución deste plan continuará noutros núcleos de poboación –dos que se dará cumprida información- ao longo dos vindeiros meses.

A día de hoxe, e tras a posta en marcha de máis da metade das actuacións previstas no Plan de Banda Larga 2010-2013 son xa en torno a 322.000 os galegos que poden acceder á banda larga e que ata agora non tiñan acceso a ese servizo. En 2011 o Plan permitirá que a porcentaxe de galegos con acceso á Rede chegue ao 87,30% fronte ao 70% existente en 2009.

A posta en marcha destas iniciativas está a conseguir que Galicia reduza a fenda interna entre as zonas rurais e urbanas. O ano pasado a diferenza media na dispoñibilidade de acceso á banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico pasou dun 20% a un 10% e a previsión é que en 2011 esta porcentaxe diminúa ata un 7%.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.