Galicia Vigo al minuto

A CIG paraliza as obras do novo hopital por «explotación» e amiguismo da Xunta cos constructores

Delegados da federación da Construción da CIG manteñen paralizadas dende as 11 e media da mañán de este xoves as obras do novo hospital de Vigo, en Valadares, co fin de denunciar as condicións laborais que padecen os traballadores. Segundo informa o sindicato, a acción “enmárcase na campaña contra a explotación de persoas nas grandes obras da Administarción pública”.

Dende a CIG denuncian os “constantes incumprimentos en materia de xornada e de salario” que sufren os empregados, “maioritariamente cidadáns portugueses”, e indican que a idea é “manter a paralización de xeito indefinido” até que a Inspección de Traballo medie para regularizar a situación.

O sindicato denuncia que os traballadores cobran por hora “e nunca máis de 7 €” o que supón que para que lles compense teñen que estar non menos de 10 horas ao día,o que incumple o convenio en materia de xornada laboral”, algo que, asegura é coñecido e permitido” pola adminisgración autonómica.

Ademáis indica que Dabalpo, a empresa que se encarga da estructura da edificación, “ten máis de 60 sancións” impostas pola Inspección de Traballo, tanto de Pontevedra e de A Coruña e que a Xunta apenas executa as mesmas”. A elo, engádese a actividade de Hierros Santacruz, encargado da ferralla, “que é propiedade de Telmo Martín, destacado militante do PP» que, asegura a central nacionalista, «subcontratou a unha empresa de fora que paga aos empregados 500 € ao mes”.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.