Vigo al minuto

Chegan ‘os homes de Santi’ unha brigada que arranxará os pequenos desperfectos do Casco Vello a diario

casco velloSon os Homes de Santi. Dous operarios e un técnico, que teñen a súa disposición un vehículo para transportar material, integran dende a pasada semana a Brigada de Mantemento do Casco Vello, que segundo indicou o tenente de alcalde, supón un «avance importante» no coidado do barrio xa que encargaranse de arranxar, de un día a outro, os desperfectos que poidan aparecer nas rúas da zona histórica.

Santiago Domínguez sinalou que a posta en marcha deste servizo conta cun investimento ata fin de ano de arredor de 18.000 €, pero que se aumentará o orzamento correspondente ao vindeiro ano para ampliar a brigada. «Unha vez que o traballo de rehabilitación do Casco Vello está en plena marcha, e xa con gran parte do barrio recuperado,é moi importante que esta recuperación non se deteña», apuntou. Domínquez comentou que a orixe da posta en funcionamento desta brigada está na demanda dos veciños para dar unha maior axilidade á solución de problemas como arranxo de barandillas, cambio de luminarias ou reparación de losetas.

O tenente de alcalde explicou que a brigada se encargará do arranxo dos desperfectos comunicados polos veciños, os coidadores do barrio, ou ben das suxestións trasladadas pola cidadanía mediante o servizo municipal do 010.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.