Vigo al minuto

Domínguez pasa o Ecuador da mellora do Casco Vello inaugurando a rúa Santiago

O tenente de alcalde inaugurou hoxe a reforma da rúa Santiago, salientando que este vial era dos máis degradados do barrio e non estaba servindo á efectiva unión entre a parte alta do Casco Vello e o espazo aberto que é o Paseo de Alfonso. O concelleiro asegurou que este é un paso máis na reconquista do barrio histórico e sinalou que aproximadamente o cincuenta por ciento do mesmo está xa remodelado e «recuperado para a cidadanía».

 

rúa santiagoSantiago Domínguez, explicou que a reforma abarcou 940 metros cadrados e contou cun investimento de 385.000 euros para facer unha «completa renovación estrutural e a mellora do que non se ve«. Incorporáronse servizos públicos esenciais, como os relacionados co subministro de auga coa instalación dunha rede separada de colectores para augas pluviais e residuais, respectivamente.

Domínguez salientou tamén que, tras a reforma acometida, a rede de gas chegará a todas as vivendas da rúa e se fixo unha «axeitada distribución das bocas de rego e incendio». Respecto ao alumeado público, instaláronse novas luminarias, que supoñen un aforro enerxético do 50% alumeando o dobre das anteriores. Finalmente, renovouse a totalidade do pavimento, que segundo afirmou, «favorecerá que o Casco Vello sexa fundamentalmente para o disfrute dos peóns».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.