Vigo al minuto

O Nadal empezará na cidade o 4 de decembro

NaVIDADO tenente de alcalde, Santiago Domínguez, avanzou este mércores que o encendido do alumeado de Nadal será o vindeiro 4 de decembro. O nacionalista adiantou esta data tras a xuntanza que mantivo esta mañá cos representantes das asociacións de comerciantes de Vigo e a preguntas dos medios subliñou que o sistema de alumeado contará con todos os «requisitos esixidos pola lei» relacionados coa seguridade. A empresa encargada de instalar o alumeado é Imes, a mesma que ten a concesión do alumeado público da cidade.

Axudas ás familias e comercios

Por outra banda, o nacionalista sinalou que na xuntanza tamén se deu conta das axudas á familias postas en marcha pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio para potenciar o consumo nos pequenos e medianos establecementos da cidade. Salientou que os comerciantes expresaron a súa satisfacción ao respecto, posto que as axudas supoñen «a incorporación de 1.200.000 euros». A reunión tamén serviu para explicarlles a nova convocatoria que está en curso, tamén de 1.200.000 euros, que ten por obxectivo «fomentar o emprego e a formación e paliar as posibles perdas por mor das obras», afirmou.

«Trátase dun esforzo moi importante dende Tenencia de Alcaldía para que un sector tan importante como é o pequeno e mediano comercio afronte a crise», asegurou Domínguez. O tenente de alcalde destacou asemade que outro obxectivo da xuntanza é trasladar toda a información necesaria e aclarar todas as dúbidas posibles para que «non quede ningún establecemento de Vigo sen solicitar as axudas».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.