Vigo al minuto

O Casco Vello é cada vez máis novo

Inauguración das rúas do Casco Vello
Inauguración das rúas do Casco Vello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres a remodelación das dúas primeiras rúas da parte alta do Casco Vello, Abeleira Menéndez e Cruz Verde. No acto, o tenente de alcalde asegurou que son “exemplo do que estamos facendo no Casco Vello” para a súa recuperación. Adiantou que para avanzar nesta rehabilitación nos orzamentos de 2010 figuran actuacións no barrio histórico da cidade por un importe superior aos 6 millóns de euros, referidas a nova pinacoteca, ao Centro Galego de Fotografía e a remodelación de máis rúas.

“Quenes hai tempo que non pasan por aquí, daranse conta de que a transformación se refire tanto ao entramado viario como a rehabilitación dos edificios”, salientou Santi Domínguez. Neste sentido especificou que nestas dúas rúas hai xa dous inmobles totalmente rehabilitados e cinco en proceso de acondicionamento. No acto, no que tamén estiveron presentes concelleiros e concelleiras da corporación municipal e responsables das asociacións veciñais e comerciais da diversas zonas da cidade, o tenente de alcalde destacou que a rehabilitación do Casco Vello que se quere levar a cabo é tamén unha “recuperación social”.

Respecto a esta recuperación, o tenente de alcalde salientou diversos aspectos. Por unha banda afirmou que esta foi a primeira semana de traballo da brigada de intervención do Casco Vello, “para que o mantemento das rúas sexa o máis rápido posible”. Asemade, destacou o papel que terá a futura pinacoteca na recuperación do barrio. Ao seu xuízo, ademais de dar resposta ás necesidades culturais da cidade, a nova pinacoteca “será un elemento dinamizador da zona”. A creación de postos de traballo e a contribución a incrementar a afluenza de visitantes para ver os fondos do museo de Castrelos son dous dos elementos destacados por Santi Domínguez neste sentido, así como a unión da parte alta e baixa do Casco Vello a través da actuación que se está levando a cabo na Porta do Sol.

A reforma de Abeleira Menéndez supuxo a actuación en máis de 836 metros cadrados, cun investimento superior aos 237.000 euros. Ademais da renovación do pavimento, a remodelación inclúe o novo alumeado, de xeito que se da “cumprimento a unha vella demanda dos veciños e veciñas”, apuntou o nacionalista. O tenente de alcalde explicou que se intalaron 15 novas luminarias que proporcionan o dobre de alumeado e supoñen un aforro enerxético do 50%. Afirmou tamén que o traballo polo incremento da calidade de vida da veciñanza se reflicte na instalación do sistema de saneamento e a renovación das tuberías de abastecemento de auga, que incrementará a súa capacidade. Santi Domínguez sinalou que igualmente se incorporou o suministro de gas e as liñas de comunicación.

“Ese camiño que o Goberno municipal iniciou hai algo máis de dous anos vai rematar cun Casco Vello absolutamente renovado no social e no seu aspecto máis físico”, destacou. Neste sentido, e en resposta aos medios sobre a erradicación da prostitución mediante a expulsión das prostitutas do barrio, o tenente de alcalde subliñou que o Concello de Vigo “non expulsa a ninguén, todo o contrario, queremos a integración de todos”. Engadiu que a Concellería de Benestar Social está traballando na elaboración dun plan de actuacións para favorecer a súa integración.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.