
O alcalde de Vigo levou a cabo a «inauguración simbólica» da humanización da rúa Zaragoza, que calificó coma «un cambio excepcional, coa máxima calidade» que prioriza os peóns, mellora o tráfico e fortalecerá o comercio.
A humanización de Zaragoza tivo un custo de case 700.000 euros nun «núcleo clave» da cidade, o entorno de POVISA, que estase a converter nun «novo centro». Esta é «unha nova forma de facer cidade», máis «amable», que está a conseguir que a cidadanía tome as rúas, indicou Abel Caballero.
O alcalde salientou que este proceso de humanizacións continua e reseñou que as melloras teñen «data de inicio e de finalización» que estanse a cumprir. Caballero agradeceu asemade a paciencia dos veciños durante os meses de duración das obras.
O modelo de humanización de Vigo, á cumbre de Copenhague
