Vigo al minuto

Vigueses coma buxos

Chus LagoDende hoxe empeza a funcionar no segundo andar do Concello uha oficina da Unidade Concello Saudable,, xunto ao departamento de Sanidade, que ten coma obxectivo mellorar o noso estado físico.

A unidade dispón dos seguintes materiais que serán manexados por un especialista en nutrición e un licenciado en Educación Física:
1 banco de flexibilidade: Permite a medición da flexibilidade en adultos.
2 analizadores de composición corporal por impedancia: Un modelo fixo para a oficina e outro portátil para levar a cabo medicións en Asociacións de Veciños, Centros Educativos, etc. Estos analizadores veñen co software que permite rexistrar unha diagnose sobre a composición corporal e relacionalo cun plan persoal de nutrición. Ademáis permite levar a cabo un seguimento detallado da evolución de cada usuario da Unidade. 
1 cronómetro dixital.
2 tallímetros de solo: Permiten rexistrar a altura dos usuarios. Un deles é portátil para poder achegarse aos entornos asociacionais do municipio.
1 dinamómetro manual: Permite a medición da forza muscular en adultos.
2 pulsómetros con podómetros e conexión usb a ordenador: Permiten o rexistro e seguimiento de distancias e Frecuencia Cardíaca na realización de actividades.
 1 báscula dixital: Permite o rexistro do peso.
 1 plicómetro: Permite a medición de pliegues corporais.

A oficina abrirase de luns a venres en horario de atención ao público de 10 a 14 horas, e os profesionais que a atenden levarán a cabo unha batería de medicións antropométricas rexistrada nun informe que se entregará a cada persoa. Unha vez analizados os resultados, os usuarios poderán recibir orientacións sobre estilos de vida saudables, en torno a actividade física, nutrición e reducción de hábitos nocivos (tabaco, alcohol, etc)

Consellos saudables para toda unha vida

A Concellería de Sanidade presenta un novo soporte en caderno no que informa aos cidadán de consellos relacionados cos seguintes aspectos:
 Alimentación
 Ansiedade e nerviosismo
 Actividade física
 Tabaco
 Prevención á exposición solar

Quen move as pernas, move ao corazón

Este soporte inclúe tamén unha nova proposta de 4 rutas urbanas dende a Avda de Madrid á Xunqueira, Bouzas ao Museo do Mar, Museo do Mar ao Porto de Canido, e dende o Porto de Canido ao Areal de Fortiñón (Saians). Esta rutas completan unha oferta iniciada coas 8 no casco urbán da cidade, e permitindo aos participantes que dispoñan de datos exactos de distancia, intensidade e trazado nas diferentes zonas de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.