¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

Esquerda Unida segue o camiño de baldosas amarelas

Deu co camiño correcto: Esquerda Unida creceu case un 300% nestas eleccións municipais, obtendo 4.193 votos máis que nas pasadas municipais e quedándose ás portas de obter un concelleiro na corporación de Vigo. Sen chegar ao teito do 5% que marca a lei electoral, o sistema deixa fóra do goberno vigués a EU, a pesares do que seguen sendo uns resultados históricos para o partido dende 1986. Por iso, EU vai continuar elaborando un programa político alternativo para a cidade durante os vindeiros meses para recoller as demandas e propostas do tecido asociativo de Vigo de cara ás vindeiras eleccións.

Ademais, EU retomará o contacto con outras forzas políticas, unha iniciativa que quedou paralizada durante o proceso electoral para evitar «confusións electoralistas e oportunistas. Porque unir a esquerda é máis que sumar votos, é falar e coñecerse nas propostas políticas concretas e nos proxectos políticos reais».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.