Deportes Galicia

Entre praia e xeados, algo de deporte

Ocio, cultura e deporte, moito deporte. Do 11 ao 17 de xullo o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia organizará nas instalacións deportivas da Universidade de Vigo o VII Campus de Baloncesto 2011, dirixido a  nenos de entre 6 e 17 anos. Unha ampla oferta de formación deportiva que esta edición contará con contidos de inicicación e de perfeccionamento e que correrá a cargo de adestradores e de adestradoras de contrastada experiencia.

De 10 a 19:30 horas, os rapaces establecerán contacto con outros deportes e actividades físicas xa que se conta cunha pista polideportiva cuberta, unha piscina olímpica, un campo de herba sintética e un campo de herba natural. Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores e monitores do Club Baloncesto Seis do Nadal e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións. Tódolos deportes e actividades alternativas serán impartidas durante o campus por entidades e clubs especializadas conseguindo o obxectivo de ofrecer o mellor producto deportivo e de lecer.

Para inscribirte terás que enviar a folla de inscrición, o xustificante do ingreso e as fotocopias do DNI e da cartilla da seguridade social a través de fax ou de correo electrónico.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.