Vigo al minuto

O goberno local asegura que xa investiu máis de 37 millóns este ano

ConcelloA concelleira de Economía e Facenda asegurou que o investimento municipal nos nove primeiros meses de 2009 ascende a 37,3 millóns de euros, unha cifra que refrenda a «boa xestión» do goberno local e que é superior ao executado polo Concello nos pasados 2004, 2005 e 2006 xuntos.

Raquel Díaz presentou estas cifras no Pleno ao que levou o estado de execución orzamentaria correspondente ao terceiro trimestre de 2009.

O Partido Popular, segundo o seu voceiro de Economía, asegurou detetar un «problema de xestión» da concelleira porque baixan as fases do licitado e o executado, así como as transferencias de capital. Jorge Conde aseverou asemade que «os datos empeoran» e o goberno local «está a gastar da caixa común de todos os cidadáns», un camiño de «irresponsabilidade» que levará ao endebedamento.

Díaz respostou que as cifras absolutas son positivas, lembrou que o Concello está a recurrir actualmente ao endebedamento con «responsabilidade», unha práctica que están a levar a cabo outras administracións como a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Readmisións en Povisa

O pleno tamén aprobou a proposta do BNG unha moción pedindo a readmisión dos despedidos de Povisa. A proposta defendida polo concelleiro Xabier Alonso pedía tamén que a Consellería de Sanidade actúe na mediación do conflito laboral de Povisa.

E regulación laboral da Escola Oficial de Idiomas

Cos votos a favor dos grupos socialista e nacionalista, e os votos en contra do PP, aprobouse a moción presentada pola concelleira Laura López Atrio, na que se insta á Consellería de Educación para que reite a circular 5/2009 que regula as condicións de traballo do profesorado das Escola Oficiais de Idiomas, que escote ós equipos directivos das EOIs e ós sindicatos, se informe axeitadamente da realidade educativa e consensue con eles o funcionamento das Escolas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.