¡Que se curren tu voto! Galicia

Esquerda Unida leva á Xunta Electoral o ataque aos seus carteis

Xesús Alonso Montero.
Xesús Alonso Montero.

Retiraron 21 pancartas de xeito simultáneo en numerosos puntos da cidade para «evitar a visualización e censurar a presencia social e política» de Esquerda Unida na campaña electoral de cara as vindeiras municipais do 22 de maio. Por iso, o partido presentou hoxe unha denuncia formal na Xunta Electoral de Vigo polo ataque a esos carteis, acto similar que sufriron os candidatos que se presentan a Ponteareas. «Forma parte do xogo sucio dos que por riba disto malgastan miles de euros en propaganda desaforada. A cidadanía será a que castigará nas urnas estes comportamentos antidemocráticos», lamentan dende o partido.

Cultura no día da terra

O partido quixo aproveitar o Día das Letras Galegas para presentar as liñas xerais do seu programa cultural, un sector «que pode crear emprego e riqueza dende o municipalismo«, asegurou Xesús Alonso Montero, catedrático de Lingua Galega e membro da candidatura de EU ao Concello de Vigo. O programa defende facer programas integradores e de calidade, con apoio aos recintos que programen alternativas culturais ata o de agora sen apoio municipal mentres se loita coa cultura espectáculo «que dilapida millóns de euros sen xerar tecido cultural», a ampliación da rede de Casas da Cultura, a creación dun Ateneo Cultural vigués, dunha televisión e radios públicas, rede wifi en todo o termo municipal e unha loita contra a SGAE polos «abusos» que comete.

Ademáis, dende EU apostan pola defensa da lingua galega en todo os ámbitos públicos para «evitar que sexa un arma política entre partidos» e para convertelo nunha arma de inmersión lingüística integradora.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.