Cultura Destacados

O campus megalítico comeza a saír á luz

Duvi/ Ademais de aulas, laboratorios e oficinas, baixo os nosos pés, o campus de Vigo agocha unha enorme riqueza patrimonial e histórica. Necrópoles e monumentos megalíticos de diversa índole atópanse soterrados, preservados en moitos casos das accións humanas dende hai 6.000 anos. Para pór en valor estes xacementos neolíticos coñecidos por moi poucos a Vicerreitoría de Extensión Universitaria ten en marcha un proxecto integral de estudo das diferentes zonas con restos megalíticos e un anteproxecto de actuación en catro fases.

Son a Área de Prehistoria e o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, GEAAT, os responsables deste traballo de análise previo, que comezou hai dúas semanas coa prospección con xeorradar dos túmulos 3 e 4 da necrópole As Xunqueiras/Pedreiras, situada na parte alta do campus. Coa mesma tecnoloxía que nestes días se está empregando para buscar o restos mortais de Mª José Arcos, os investigadores poderán caracterizar as estruturas que se conservan, “a forma da cámara ou a posibilidade de que haxa corredor intra-tumular, coiraza ou aneis ao seu arredor ou outro tipo de estruturas como foxos”, explica Beatriz Comendador, a arqueóloga responsable do traballo. Nun par de semanas, a spin-off da Universidade Ingeniería Insitu rematará o procesamento dos datos obtidos e o grupo de investigadores poderá comezar a traballar con eles.

Gran potencial arqueolóxico da zona

Os xacementos arqueolóxicos do campus de Vigo, tanto a necrópole megalítica da Xunqueira como o xacemento do Monte das Cabanas non son localizacións illadas, atópanse nun contexto moi importante a nivel arqueolóxico, “xa que o lugar da intervención atópase situado nunha das catro áreas tumulares que conforman a recoñecida zona arqueolóxica de San Colmado: As Xunqueiras, que é a situada máis ao sur, e as de Rebullón, A Pereira e As Pereiras”, explica Beatriz Comendador.

O conxunto funerario de As Xunqueiras ou Pedreiras está composto por varios monumentos tumulares ou mámoas de dimensións e características variadas, mentres que o xacemento de Monte das Cabanas, localizado na parte central da ladeira que une a Escola de Enxeñería Industrial e o Edificio de Ciencias Experimentais, é un xacemento da pertencente á prehistoria recente “singular no contexto do Concello de Vigo e de Galicia en xeral”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.