¡Que se curren tu voto! Comarcas

San Simón, portas abertas de xeito permanente

Aproveitar todos os recursos turísticos que Redondela pode ofrecer. Eso é o que quere facer o Partido Popular de Redondela, que aposta por elaborar un Plan para o Desenvolvemento Turístico da vila, solicitando ademais a declaración de Redondela como concello turístico galego. «Xestionaremos un transporte permanente á Illa de San Simón, con saída dende o novo porto de Cesantes, promovendo a inclusión de Cesantes nas travesías turísticas pola nosa ría», asegurou Javier Bas, candidato á alcaldía.

Ademais, fortalecerase o turismo gastronómico e a promoción do Choco de Redondela, solicitando un etiquetado específico para garantir a súa orixe redondelá. O PP local tamén impulsará a inclusión de Redondela na Denominación de Orixe Rías Baixas e promoverá cursos de formación específica en hostalería e turismo no concello. Precisamente esta fin de semana celébrase na vila a Festa do Choco, pola que tanto Javier Bas como todos os membros  da súa candidatura pasarán.

Pegada de carteis

O Partido Popular de Redondela deu esta madrugada o pistoletazo de saída á campaña electoral coa tradicional pegada de carteis.  Por diante, 15 días intensos nos que os populares exporanlle aos veciños os seus proxectos para os vindeiros 4 anos co obxectivo de acadar unha Redondela mellor. Neste marco, presentan un programa electoral con melloras e achegas nas diferentes áreas e en todas as parroquias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.