Ciencia y Tecnología Cultura

Suar a camiseta non quita para que non vaias de cañas

Duvi/ Semella que ser campión do mundo en calquera deporte supón renunciar a levar unha vida normal, sobre todo no que á dieta se refire. Este “excesivo control” foi o que Juan Antonio Corbalán, ex-xogador do Real Madrid de baloncesto e fisiólogo do exercicio, denunciou ao abeiro do VII Congreso Nacional de Deporte e Educación Física, definíndoo “como unha actitude patolóxica desaconsellable”. Afondou na importancia de ter hidratado o noso corpo a base de auga, pero tamén con outras bebidas “que resulten máis atractivas ao noso padal como é o caso da cervexa, unha fonte idónea e complementaria ao consumo da auga”. No discurso inaugural do congreso, Víctor Arufe, profesor da Universidade de A Coruña e un dos principais organizadores, quixo concienciar aos presentes da necesidade «de regulamentar e de dignificar a profesión do deporte, obtendo o recoñecemento que nos merecemos”.

Un xogador pode beber unha cervexa despois de ter disputado un partido? Como explicou Corbalán, si que é conveniente porque “estaremos hidratando o noso corpo”. Aclarou que saciar a necesidade de líquido co consumo de auga “supón un grande esforzo para a persoa pola súa falta de sabor e temos o mal costume de soamente beber cando temos sensación de sede”. Neste contexto é onde xurde a necesidade de buscar bebidas alternativas que complementen a hidratación que brinda a auga, xa que “é insubstituíble”, e, a cervexa convértese na mellor candidata polas súas propiedades naturais. Como describiu o ex-deportista, “contén un 95% de auga, bébese fresca polo que hidrata mellor, é baixa en sal, non ten contido calórico dependente de graxas, achega vitaminas B, C, E, minerais….”, resaltando especialmente os hidratos de carbono que se presentan en forma de miltedoxtrinas, semellantes á glicosa, “pero que brindan unha mellor dispoñibilidade da enerxía”. Tal é así que o consumo de cervexa “inflúe positivamente nos procesos fundamentais do rendemento deportivo”.

Unha das principais críticas á cervexa como bebida “para deportistas” é que contén alcol, ao que Corbalán indicou que presenta un balance hídrico favorable, pois “a pesar de que perdamos un pouco de auga polo contido alcólico, a que queda máis cantidade no corpo”. Para evitar esta perda de auga recomendou as cervexas light ou sen alcol e marcou o límite de consumo diario en 30 gramos de alcol.

A sede síntoma tardío de deshidratación

O experto fixo especial fincapé na necesidade de que tanto deportistas, como xente allea á competición, “estean ben hidratados”. Recoñeceu que é necesario inxerir líquidos a pesar de non ter sede, “porque esta sensación é tardía, dáse nos humanos cando xa temos un certo grao de deshidratación no corpo”. Recomendou a inxesta de dous litros diarios de auga xa que “perdemos líquido sen darnos conta, na respiración, no movemento muscular, a través dos capilares cutáneos, na práctica de exercicio…”. Engadiu que a deshidratación mantida durante un determinado tempo non soamente afecta ao rendemento no deporte, “senón á saúde e á propia vida”, ata extremos que, se se perde un 5% de peso corporal, “pódese estar ao borde do coma”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.