Galicia

Ser xordo xa non é un handicap na administración

Xa non se precisa levar a costas ao intérprete ou non poder acceder á información por trabas tecnolóxicas. A Xunta vén de pór en marcha un sistema de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas no Rexistro Xeral e a través da páxina web, o que permite acceder á información que se facilita a través do 012. Este dispositivo, que tamén estará presente nas delegacións territoriais en Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, A Coruña e Ferrol, estará operativo dende hoxe mismo.

Galicia é a segunda comunidade autónoma cun videoteléfono instalado para facilitar a comunicación ás persoas con algunha discapacidade auditiva. Con el poden poñerse en contacto co servizo de videointerpretación da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, desde onde se facilitará a interpretación da lingua oral a lingua de signos entre o empregado do Rexistro e a persoa xorda.

No caso do servizo web da Xunta, o usuario precisa dun ordenador con webcam e un teléfono co que contactará co servizo de videointerpretación indicando a persoa, entidade ou servizo co que desexa facer a súa consulta. Utilizando unha liña paralela, o videointérprete contactará co destinatario e lle indicará que se vai a establecer a comunicación. A partir dese momento o videointérprete actuará de ponte entre a lingua de signos e a lingua oral, permitindo así a comunicación entre a persoa xorda e a persoa oínte.

Preto de 293.000 galegos teñen algunga dispacacidade, un 11,3% da poboación galega. Por iso esta iniciativa,  «pioneira en España» consegue «eliminar as barreiras de comunicación existentes entre persoas xordas e persoas oíntes».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.