Comarcas

Besada presenta a súa candidatura recordando todo o feito ata o de agora

Quere repetir alcaldía e para iso recordou todo o feito durante os últimos catro anos, o cambio de actitude cara a cidadanía e o goberno «aberto e dialogante» que ten como obxectivo para a vindeira lexislatura 2 puntos esenciais: a humanización da Praza da Devesa e a ampliación da Senda do río Caselas ata Cabreira. Marcos Besada, actual alcalde e candidato polo BNG a liderar o goberno municipal de Salceda de Caselas, presentou a candidatura nacionalista ante un auditorio municipal ateigado de preto de 450 persoas.

Despois da proxección dun audiovisual  no que se relataban os principais logros do BNG nesta lexislatura, Tere Pérez presentou ós restantes intervintes: Suso Cancelas, ATS do Centro de Saúde, que falou sobre a importancia destas eleccións e sobre a transcendencia do nacionalismo; Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG, que fixo un repaso á política nacional criticando as políticas do PP tanto na Xunta como no Goberno do Estado e afirmou que “Salceda ten a mellor candidatura posible encabezada por Marcos Besada e así o reflicte o cheo do auditorio municipal”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.