Comarcas Galicia

As Neves estrea Pista Polideportiva na Parroquia de Vide

O alcalde Raúl Emilio Castro Rodríguez co secretario xeral para o deporte da Xunta, Xosé Ramón Lete, entre outras autoridadesO Concello de As Neves conta cunha nova alternativa de ocio saúdable. Trátase da instalación deportiva, a “ Pista Polideportiva de Chan de Vide”. Que hoxe foi inaugurada polo alcalde, Raúl Emilio Castro Rodríguez, quen estivo acompañado polos conclleiros de Deportes, Carlos Manuel González Rodríguez, Cultura e Servizos Sociais, Mª Carmen Gil Álvarez e Urbanismo, José Belarmino Méndez Álvarez, os cales recibiron ao Secretario Xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, quen chegou ao concello acompañado polo Xefe Provincial de Deportes Daniel Benavides.

Coma salientou o alcalde, o Concello de As Neves recibiu unha subvención de 37.059,28 € do goberno autonómico para a construcción deste espazo deportivo, ubicado dentro do recinto da Área Recreativa de Chan de Vide, e “nunha Parroquia, que conta con unha grande aficción deportiva” e un alto índice de asociacionismo xuvenil. Raúl Emilio Castro salientou que à xente nova únese unha poboación maior moi participativa, “o que amosa o interés dos veciños a hora de poñer en marcha novos servizos para o beneficio non só da parroquia senón de tódolos nevenses”.

Na inauguración, ademáis das autoridades locais e autonómicas, estiveron presentes numerosos veciños de Vide, así como representantes das asociación xuvenís locais e do deporte nevense, que destaca en modalidades coma o badminton o tenis, co único árbitro internacional de Galicia, ou o ex xogador del Real Madrid, Michel Salgado, natural desta parroquia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.