Galicia

Medio Rural inviste máis de un millón e medio de euros en potenciar as frondosas caducifolias

Principalmente plantáronse carballos
Principalmente plantáronse carballos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Montes, ven de aprobar a concesión de 244 axudas para a plantación de máis de un millón de frondosas caducifolias en case 1.000 hectáreas dos montes galegos. A iniciativa, enmarcada na orde axudas para o fomento das frondosas caducifolias, representa un investimento de 1.686.482 euros destinados a subvencionar o tratamento da vexetación preexistente, a preparación do terreo, a plantación manual, a adquisición da planta, a colocación de protectores e a fertilización.

Segundo os datos da Dirección Xeral de Montes, a meirande parte das axudas concedidas foron para propietarios particulares e comunidades de montes veciñais en man común, con 124 e 114 aprobacións, respectivamente. As seis restantes foron para agrupacións de propietarios.

En canto ás especies con maior superficie de plantación, predominan o carballo e o castiñeiro, que suman 477,32 e 266,74 hectáreas respectivamente, seguidas da cerdeira, con 157,22 hectáreas. Outras especies demandandas son o ameneiro, o bidueiro ou a nogueira, que se sitúan por debaixo das 100 hectáreas de plantación.

  • Datos por provincias

Pontevedra foi a provincia que obtivo un maior número de axudas, con 78 concesións que representan un investimento de 522.155 euros. O total de superficie no que se desenvolverán as actuacións incentivadas na provincia pontevedresa ascende a 291,58 hectáreas,  nas que se plantará especialmente carballo, castiñeiro e cerdeira.

Pola súa banda, A Coruña suma 68 solicitudes aprobadas, cun orzamento de 378.841 euros para a plantación de frondosas en 225,5 hectáreas. As especies predominantes son o carballo, o castiñeiro e o bidueiro. Lugo obtén 274.581 euros para 54 axudas que favorecerán o fomento de frondosas (principalemente tamén de castiñeiros e carballos) en 148,52 hectáreas. Finalmente, a provincia de Ourense benefíciase dun investimento de 510.905 euros pola aprobación de 44 axudas para a plantación, sobre todo de carballos, castiñeiros e cerdeiras, en 280,34 hectáreas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.