Curiosidades Galicia

A Ribeira Sacra poderá ter o turista perfecto

Proceden principalmente de Barcelona, Madrid e Galicia. Buscan estar en contacto coa natureza, afastarse da tensión e coñecer lugares novos e valoran moi especialmente a sensación de seguridade, o ambiente tranquilo e a hospitalidade. Estas son as características dos turistas que se achegan a un enclave como a Ribeira Sacra, turistas obxecto de estudo do investigador Roberto Carballo, que na súa tese de doutoramento intentou crear unhas pautas para que o rural aproveite a súa vantaxe competitiva no crecente interese polo turismo vencellado á natureza. Para acadar un visitante satisfeito, que recomende a experiencia e que repita, o investigador salienta un factor clave: o traballo conxunto de todos os axentes socioeconómicos (cidadáns, xestores, empresas e institucións).

A tese xurde da idea de contribuír ao desenvolvemento de «alternativas económicas nos espazos rurais” e a elección da Ribeira Sacra, a cabalo entre Lugo e Ourense, era clara: ten un gran atractivo paisaxístico, ecolóxico e patrimonial, pero moi afectado pola perda e envellecemento da poboación e onde só un 6% da poboación traballa en hostalaría, dato indicativo de que o turismo aínda presenta un peso reducido no tecido produtivo da zona.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.