Comarcas

Marcos Besada repite como alcaldable en Salceda

Chegou á alcaldía de Salceda de Caselas con tan só 32 anos e agora, unha lexislatura despois, repite como candidato nacionalista para as eleccións municipais do 22 de manio. A Asamblea do BNG tamén aprobou tamén o equipo que acompañará nas listas ao actual rexidor, que chegou ao goberno tras 30 anos de mandato popular na vila. Serán Fortunato Álvarez, Loli Castiñeira, Martín Iglesias, Teresa Pérez, Cándido Lorenzo e Xosé Manuel Piñeiro, un grupo de persoas “serias, solventes e responsables” co que prentenden gobernar “en equipo, con eficacia, con diálogo e negociación constante”.

También te puede interesar