Vigo al minuto

O alcalde anuncia que as catro primeiras sentencias sobre o Plan Xeral son favorables ao Concello

Caballero/Tresyuno ComunicaciónAbel Caballero amosou a súa satisfacción por elo e explicou que tres dos dictames xudiciais foron emitidos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o cuarto por un Xulgado de Instrucción de Vigo dan a razón ao seu goberno. Nesta última, o demandante reclamaba unha indemnización ao Concello de 6,3 millóns de euros porque o goberno local rebaixou a edificabilidade da súa parcela sobre o avance previsto en anos anteriores, denuncia que foi rexeitada.

A cuarta sentencia, terceira do TSXG, abrangue ao ámbito de Bouzas-Casiano, plantexando tres liñas de recurso, todas desestimadas. Por un lado pedíase cambiar un sistema de expropiación por compensación para a obtención dun terreo privado, por outro solicitaba devolver ao dobre a edificabilidade nunha parcela -o goberno actual rebaixouna á metade-, e a terceira vía abordaba a vivenda protexida.

Neste último punto, o alcalde indicou que o Concello que preside decidiu incrementar a vivenda protexida na zona recurrida do 20% que contemplaba o avance do PXOM co goberno anterior ao 100% actual. O recurso tamén foi desestimado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, declarando a actuación municipal -afirmou o rexedor- como «legal e válida«.

«A primeira sentencia do Tribunal sobre a vivenda protexida dalle a razón a este goberno e consolida que se pode transformar dun 20% ao 100% estando na máis absoluta das legalidades», aseverou Caballero. Esta decisión xudicial expón que «estabamos detro da legalidade e da política social«, explicou, ao incrementar a vivenda de protección do 22% anterior ao 43% actual no conxunto do Plan Xeral.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.