Ciencia y Tecnología Galicia

A Xunta aforrará 1,7 millóns de euros en teléfono

Moito teñen que chamar para poder aforrar semellante cifra na factura do teléfono.  A Xunta renegociou as condicións contractuais das máis de 3.100 liñas de teléfono non integradas na Rede Corporativa da Xunta e que dan servizo a 1.500 centros dependentes de consellerías e outros organismos autonómicos, co que espera aforrar 1,7 millóns de euros só este ano coa optimización de recursos.

A Xunta conta con máis de 150 edificios e 14.000 extensións espalladas por toda Galicia e, tras unha auditoría, detectáronse estas 3.100 liñas non integradas que non tiñan as mellores condicións. Estas liñas facturaron o ano pasado preto de 2,7 millóns de euros, que ao longo deste ano reducirase ata o millón de euros tras ofrecer Telefónica unha tarifa plana con número ilimitado de chamadas metropolitanas e un 60% de desconto na factura. Mentres, para móbiles e números internacionais terán de balde o mesmo número de minutos consumidos no 2009 máis un 16% máis.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.