Vigo al minuto

O trinta e cinco por cento dos cartos da Deputación teñen que ser para Vigo

O voceiro municipal do PSOE, Carlos López Font, hoxe/CVEsa é aporcentaxe dos orzamentos da Deputación que reclama o grupo municipal socialista, segundo unha moción que presentará no vindeiro Pleno do Concello do vindeiro día 31. A mesma foi presentada polo voceio deste grupo e na mesma esixirase ao presidente do organismo provincial, o popular Rafael Louzán que concrete as mesma, empezando pola subvención dos voo Vigo-Milán dende Peinador.

Carlos López Font lembrou que o grupo municipal socialista ven presentado mocións desde o ano 2007 para que a Deputación de Pontevedra atenda e escoite as demandas trasladadas polo alcalde ao presidente deste organismo.O voceiro socialista denunciou que o investí mentó da Deputación de Pontevedra en Vigo «é cero, máis aló de festas e orquestras», apuntou.

Ademais desta proposta a moción contempla tamén que a Deputación provincial se comprometa a redactar un estudio sobre o aeroporto de Vigo, investimentos e subvencións ao mesmo logo de comprobar que o comité técnico creado pola Deputación para potenciar Peinador hai dous meses «segue sen dar ningunha resposta».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.