Galicia

O Campus do Mar abrirá camiños a Galicia na investigación europea

Axudará a abrir portas para que Galicia poda coarse nos programas de investigación europeos. Iso é o que conseguirá o Campus do Mar, un proxecto competitivo que vai na liña do que é a futura gobernanza da investigación da Unión Europea, segundo mantivo José Manuel Silva, conselleiro especial de Investigación da Comisión Europea e próximo director xeral de Agricultura nun encontro co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e coa comunidade científica para falar das perspectivas da investigación no mundo dos océanos.

Unha conexión cara a cara co mundo da investigación que avalan os máis de 3.000 científicos que participarán nun proxecto especializado que acaba de conseguir a «excelencia» e que servirá de base para o futuro da investigación europea nas tres liñas de investigación básica para a UE: política pesqueira, marítima e ciencias e innovación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.