Comarcas Galicia

A Xunta estudará os pinos dunha área de 20 quilómetros entre Salvaterra e As Neves

A reunión entre os alcaldes de Salvaterra e As Neves e a Xunta.
A reunión entre os alcaldes de Salvaterra e As Neves e a Xunta.

A Xunta reuniuse hoxe cos alcaldes de Salvaterra e As Neves para informar aos rexidores do protocolo de actuación que se porá en marcha para frear a praga do nematodo do pino detectada por eses lares e que tamén se explicará aos veciños o vindeiro 10 de decembro nuns encontros que se realizarán na Casa da Cultura de Leirado de Salvaterra (19 h) e no centro cultural de Taboexa en As Neves (20:30 h).

Os expertos estableceros dúas áreas de traballo, unha dun quilómetro e medio arredor da área na que se localizou a praga e a segunda de 20 quilómetros. Na primeira área faranse labores de erradicación nunhas 300 hectáreas de piñeiro e só poderán cortar os árbores os responsables da Consellería, mentres que na zona demarcada todo o movemento de madeira estará baixo control. Necesitarase un permiso especial da Xefatura Territorial de Medio Rural para poder facer os cortes das árbores xa que a madeira seca debe ser destruída pero a verde aínda se pode utilizar sempre e cando sexa tratada, polo que se levarán a cabo inspeccións nos aserraderos da zona.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.