Galicia

Máis de 2.200 persoas examínanse de galego

testEsta fin de semana 2.281 persoas participarán na terceira convocatoria de probas Celga, o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. O nivel con máis matriculados e o Celga 4, con 922 persoas inscritas para facer o exame, mentre que no Celga 1 hai 190, no Celga 2 uns 447 e no terceiro nivel 722.

Ademais das probas que se celebrarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, tamén haberá probas en Alacante, Barcelona, Granada, Bilbao, Madrid, Murcia, Salamanca, Vitoria, na alemana Universidade de Heidelberg, na Universidade de Oxford (Reino Unido) e mais no Instituto Cervantes de París.

Cunha parte escrita e outra oral, o Celga recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa coñecementos sobre lingua e comunicación, lingua e sistema e lingua, cultura e sociedade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.