Vigo al minuto

Vigo recibirá o luns o título de ‘Cidade amiga da infancia’ por parte de UNICEF

logo ciudades amigas de la infanciaO alcalde adiantou hoxe que Vigo será galardoada o próximo luns coa mención especial «Cidades Amigas da Infancia» que outorga UNICEF, sendo a primeira cidade de Galicia en conseguilo.

Abel Caballero recordou que fai catro meses o Concello, a través da Concellería de Educación , solicitou a UNICEF optar a esta mención, e asegurou que este recoñecemento premia o «esforzo moi importante» que está a realizar o goberno municipal no ámbito educativo e de ocio para os máis pequenos, e citou as novas garderías en previsión e construción, os parques infantís que se están a ampliar ou crear ou as bolsas municipais para comedor e para estudar en inglés no Reino Unido e Irlanda.

 En relación cos parques infantís, a Xunta de Goberno Local celebrada onte da contratación por valor de 213.000 euros para a construción ou ampliación de seis parques infantís da cidade, os de Pedro Alvarado, Praza da Miñoca, Coutadas, Aragón, San Roque e Zamáns, e aos que se une o gran parque de ocio proxectado en Castrelos no que se investirán 1 millón de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.