Galicia

O movemento veciñal galego inicia unha campaña contra a suba do recibo da luz

bombillaO movemento veciñal galego, xunto co estatal, da comezo a unha campaña relacionada coa enerxía eléctrica, reivindicando ante as Administracións a búsqueda de solucións ante as subidas indiscriminadas nas facturas da luz.

Nos dous últimos anos a subida da luz ascende a un 31%, «e fai que se teña que reaccionar«. Ante este abuso a CEAV creou unha comisión que coordinará a campaña e que estudará as facturas entregadas pola cidadanía ante as súas Asociacións Veciñais.

Esta campaña terá tres fases: reparto de dípticos informativos e recollida das dúas últimas facturas recibidas; estudo da factura; entrega en cada Concello, por parte do movemento veciñal, dunha moción de urxencia relativo co mercado da electricidade e das tarifas eléctricas.

A CEAV lembra que este 2010, mentras o Índice de Prezos ao Consumo subiu un 1,9% o recibo da luz aumentou un 9,4%, ademáis salienta que as economías máis febles pagan o 75% do custo da electricidade aínda que só consumen un 48% e que as compañías eléctricas veñen de cobrar de máis preto de 4.000 millóns de euros pola achega que se fixo para facilitar ás empresas a transición á competencia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.