Comarcas

Cidadelle ou como subir en bus escolar facendo equilibrios

Subida_Cidadelle

O barrio de Cidadelle dispón dun vial pouco axeitado para a circulación de calquera vehículo, xa que lle falta retranquear e cubrir as cunetas e tratar de suavizar as curvas, xa que «a calzada é tan estreita que o risco de meter unha roda na cuneta ao cruzárense dous vehículos é alto». E o tema complícase cando se trata do autobús escolar que leva aos nenos a diario aos colexios Alexandre Bóveda e Iglesia. Por iso, o PP de Redondela vén de presentar un rogo no pleno para que se tomen as medidas oportunas para garantir a seguridade neste vial.

Os populares tamén solicitaron que se buscase un bo emprazamento para a instalación de marquesiñas para que os escolares poidan esperar a refuxo sobre todo no inverno, xa que non teñen onde abrigarse da choiva.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.