Deportes Vigo al minuto

As Ligas universitarias empápanse do xogo limpo

intercampusRomina Vázquez/Universidade de Vigo/ O ‘fair play’ incorpórase ao regulamento das Ligas Universitarias que cada ano organiza o Servizo de Deportes para “potenciar o compañeirismo e o traballo en equipo”. Trátase dun sistema de puntuación que valora o xogo limpo, penalizando as conductas antideportivas creado pola Universidade de Cádiz hai un par de anos e que agora poráse a proba no torneo de copa da Universidade de Vigo do pasado mes de xuño.

As Ligas Universitarias que esta semana botan a andar son as que contan con maior participación dende que o Servizo de Deporte comezou a organizalas, con 180 equipos inscritos só no campus de Vigo, mentres que Ourense e Pontevedra, contan con 24 e 36 conxuntos, respectivamente.

Ata o vindeiro mes de febreiro desenvolverase a fase previa das Ligas Universitarias en cada un dos campus da Universidade. Concretamente, «os partidos das modalidades de fútbol sala, fútbol sete e baloncesto de primeira división comezan esta semana, mentras que voleibol e balonmano se retrasan ata mediados de novembro». Unha vez concluída esta primeira rolda, os equipos gañadores pasarán á etapa final na que se desputará o torneo de copa entre os vencedores de cada campus.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.