Galicia

A CIG non desbota convocar unha nova folga xeral contra a reforma laboral

Folga Xeral Vigo/Tresyuno ComunicaciónA Confederación Intersindical Galega (CIG) non deixará de protestar contra a reforma laboral aprobada polo Goberno Zapatero. Segundo os seus representantes, a central convocará mobilizacións para o mes que ven para exixir novamente a retirada da reforma laboral e demandar que non se leve a cabo a reforma das pensións. Ademais reclaman medidas estruturais dirixidas a mudar o “actual modelo económico neoliberal, por outro máis xusto e sustentable”.

O mércores que ven, celebrarán unha asamblea nacional de delegados, que rematará cunha manifestación en Compostela. Continuando con estas medidas de presión, programan para o 18 do vindeiro mes, manifestacións en todas as cidades galegas, entre as 19:00 e as 20:00 horas.

Ademáis, a CIG iniciará contactos con CCOO e UGT para trasladarlles a súa disposición de continuar coas mobilizacións e mesmo convocar unha nova folga xeral. O secretario xeral sindicato nacionalista, Xesús Seixo, deixou craro que terá en conta a resposta destas organizacións sindicais á hora de levar a cabo as mobilizacións previstas e que, aínda que tanto a UGT como CCOO non secunden novas medidas de presión o sindicato nacionalista continuará coas protestas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.