Vigo al minuto

Caballero, vaise co vento

O carteto de vento, actuando hoxe en RegueiroSe hai uns días o proganista da inauguración de Simón Bolívar foi un pianista, hoxe a ‘Sinfonía das humanizacións’ correu a cargo dun carteto de vento. Coas súas notas de fondo, o alcalde inaugurou hoxe as rúas Regueiro e Tarragona, onde asegurou que «humanizamos máis de tres quilómetros de rúas no entorno de Povisa».

Caballero detallou que o Concello humanizou as rúas Zaragoza, Barcelona, Zamora, Salamanca, Faustino Álvarez, Illas Baleares, Illas Canarias, Valencia, Regueiro, Tarragona, Sevilla e a primeira fase de Pintor Colmeiro, cun investimento total de 12,3 millóns sen contar a reforma desta última, acometida pola construtora do aparcamento soterrado.

En todo o entorno, o goberno local instalou, a modo de exemplo, 60 papeleiras, case 300 novos puntos de luz e máis de 600 árbores. En todas instalouse beirarrúas de granito e xardineiras, e ademais renováronse todas as canalizacións soterradas.

O alcalde fixo especial fincapé na «modernidade» dunha renovación de rúas en superficie e en profundidade, que atende ao medioambiente ao separar ás augas pluviais das fecais, optimizando a depuración destas. Caballero indicou que o saneamento trascorre en dous canais paralelos ao igual que o cableado.

Abel Caballero afirmou que o entorno de Povisa é unha «zona moi ilustre pero desatendida» da cidade, que non recibira melloras desde os anos 70. Tras as reformas realizadas, o socialista adiantou que nas próximas semanas habilitaranse bancos nas rúas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.