Vigo al minuto

En marcha o novo pavillón de Candeán e o Centro Galego de Fotografía

fotógrafoA Xunta de Goberno Local aprobó hoxe das licitacións para a construción do polideportivo de Candeán e do Centro Galego de Fotografía, cun investimento global superior aos 3,3 millóns de euros e anunciou o comezo das obras no mes de decembro.

O novo pavillón de Candeán, de 2.230 metros cadrados construídos, situarase ao carón das instalacións da Asociación Veciñal, e terá tamén unha área deportiva exterior de 2.200 metros cadrados, tal e como demandaron os veciños e veciñas. Terá unha capacidade para 270 espectadores. A planta baixa acollerá a pista polideportiva, de 45 x 25 metros, 4 vestiarios de equipos, 4 vestiarios de árbitros, 4 aseos e unha oficina, así como o ximnasio, de 140 metros cadrados. O polideportivo aberto, pola súa banda, contará cunha área de xogos tradicionais, outra destinada á práctica de baloncesto e fútbol sala e outra de lecer.

No que atingue ao Centro Galego de Fotografía, que se construirá na rúa Chao, terá máis de 1.252 metros cadrados construídos, que se distribuirán en 4 andares. Na planta baixa irá o control de acceso, a administración, unha tenda e unha sala expositiva. Na planta soto estarán os aseos, a área de restauración e outra sala expositiva, que estará unida por unha escaleira a sala anterior, de xeito que permitirá realizar un uso independente destas dependencias do resto do edificio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.