Vigo al minuto

Peinador necesita voos a Bruxelas, Londres e Amsterdam para sobrevivir a Oporto

heathrowO alcalde anunciou hoxe que buscará o respaldo da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e da Cámara de Comercio de Vigo para solicitar á Xunta e ao Comité de Rutas voos desde Peinador ata Bruxelas, Londres e un aeroporto en centro Europa con conexións mundiais, como o de Amsterdam.

Caballero, en declaracións aos medios de comunicación, explicou que as obras de ampliación do aeroporto vigués, cun novo aparcamento e unha nova terminal que suman uns 100 millóns de euros, deben ir acompañadas da potenciación das rutas internacionais para poder competir con Oporto, “algo que é competencia da Xunta“. Xunto ás conexións con centro Europa, Bruxelas e Londres, o alcalde reclamou unha frecuencia diaria máis con París.

Coa implicación empresarial, que a Cámara xa manifestou nunha reunión anterior do Comité de Rutas, segundo apuntou, o alcalde procura «que as entidades económicas e sociais de Vigo apoien a demanda» de rutas internacionais para Peinador. Caballero pide que «apoien económicamente» estas conexións e asegurou que «chéganos con que lle dedique soamente a metade do que lle dedicaron ao Xacobeo» para atender ao «núcleo da economía de Galicia, que é Vigo«.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.