Vigo al minuto

Vigo acollerá máis de 5.000 turistas de congreso o vindeiro ano

Dous novos congresos pechados para marzo e un case case para outubro que se suman aos 3 que xa se están a preparar. o Vigo Convention Bureau segue a apostar por desestacionalizar o turismo da cidade e buscar visitantes de congreso, unha aposta que podería traer o vindeiro ano a Vigo a máis de 5.000 persoas extra.

Deste xeito, o vindeiro mes de outubro acollerá o Congreso da Confederación Española de Centros de Ensino Privado e, xa para 2011, a reunión Internacional de Medicina Xeral e de Familia, que reunirá a máis de 3.000 persoas. Hai que sumarlle o congreso internacional de touroperadores MITM Euromed, con máis de 200 profesionais.

Os dous nos que se está a traballar para o mes de marzo reunirían a unhas 300 persoas cada un, mentres que o de outrubro xeraría entre 1.500 e 1.800 visitas.

También te puede interesar