Deportes Vigo al minuto

Andrade xa pensa nas medallas que virán

José Antonio Andrade, a su llegada al aeropuerto de Vigo.
José Antonio Andrade, a su llegada al aeropuerto de Vigo.

Quedoulle un sabor de boca agridoce, porque a final escapouselle. Aínda así, José Antonio Andrade chegou hoxe a Vigo como subcampión de Europa Sub-21 de taekwondo tras o seu paso por Ucraína. Acompañado por Manuel Barros, o outro representante galego no segundo campionato de Europa sub 21, e polo técnico Jesús Benito, á súa chegada a Peinador coincidiu co campión do mundo de triatlon, Javier Gómez Noya.

Andrade explicou que o primeiro ao que sorprendeu o resultado foi a el: » Era o meu primeiro Europeo e ía con moita ilusión e gañas, pero non tiña un obxectivo marcado. Quería ir paso a paso, combate a combate e así chegamos ata a final». No último combate non tivo tanta sorte, xa que o rival era o máis duro posible, Aaron Cook, campión de Europa absoluto e medallista mundial. «Non sei cal será a vindeira cita, pero agora mesmo só penso en seguir traballando e mellorando. Ese é o obxectivo».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.