Galicia

Galicia, onde máis subíu a recadación de impostos

Galicia é a comunidade española que máis aumentou a recadación por IRPF entre xaneiro e xullo deste, cun 7,6 por cento fronte á media estatal do 4,4%, segundo os datos feitos públicos hoxe pola Axencia Tributaria. Un aumento que se dispara no Imposto da Renda dos non residentes, cun incremento anual de case o 35 por cento en Galicia e tan só do 8,7% de media en España.

Galicia tamén liderou a subida de recadación no Imposto de Sociedades, cun crecemento interanual do 30,8%, fronte a unha caída no conxunto do Estado dun 11,5%, o que demostra o maior dinamismo empresarial da comunidade galega no que vai de ano. En canto ao IVE, esta autonomía é a quinta de España durante os primeiros sete meses do presente exercicio cunha maior suba de recadación, en concreto o 66,6 por cento, 24,4 puntos máis que a media española.

No período que vai de xaneiro a xullo do presente exercicio Galicia situouse como a terceira comunidade do Estado cun maior crecemento no recadación total por tributos, cun alza do 25,6%, fronte a un incremento do 14% de media no conxunto das delegacións da Axencia Tributaria.

Un aumento na recadación que se traduce nun maior aumento do Produto Interior Bruto: fronte á subida do 0,2 por cento en Galicia está a do 0,1 por cento no resto do estado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.