Destacados Vigo al minuto

Os bombeiros de Teis terán nova casa

A reunión do alcalde cos dirixentes da Favec.
A reunión do alcalde cos dirixentes da Favec.

O alcalde de Vigo ten un novo tema en mente: os bombeiros da cidade. Quizais polos últimos incendios que está a sufrir Galicia ou porque xa era hora, o Goberno local aprobou hoxe un presuposto de 150.000 euros para realizar melloras no parque de bombeiros de Balaídos e encargar un proxecto de nave alternativa para modernizar o Parque Central de Teis.

Nunhas «condicións lamentables», no parque de Balaídos separarase os espazos dos vehículos das zonas comúns de uso do persoal. E volveu reclamar unha terceira dotación no Porto de Vigo, unha zona de «risco» de competencia portuaria e co que xa pactara en mandatos anteriores a ubicación dun parque na zona dos asteleiros.

Reunión coa Favec

Non foron as únicas infraestructuras a tratar no día: durante a súa reunión coa nova directiva da Federación de Veciños, Caballero notificou que o concello vai paralizar o derribo da antigua estación do tranvía por ser un elemento de valor histórico que debe ser conservado. O Goberno municipal negociará coa empresa o mantemento do inmoble e buscaráselle unha adicación. O que aínda non parece estar en condicións de abrirse ao público é o local da rúa Ecuador que viñan usando os veciños.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.