
María L. García | vigoalminuto
A Alianza pola Vivenda de Vigo volverá este sábado, día 3, á rúa para reclamar medidas estruturais fronte á crise da vivenda. A plataforma convocou unha manifestación baixo o lema «Vivenda: solucións permanentes xa!», que partirá ás 19.00 horas do cruce de Vía Norte con Urzáiz.
A mobilización chega cando está pendente no Congreso a convalidación de dous reais decretos sobre vivenda, prevista para este venres. A Alianza considera que varias das medidas adoptadas responden á situación de emerxencia actual, pero teñen un carácter temporal e, polo tanto, non son suficientes para resolver o problema do acceso á vivenda.
Manter a presión social
Para a plataforma, estas iniciativas supoñen un primeiro paso, pero non a solución ao problema. «Moitas das medidas adoptadas son de carácter temporal, respondendo a unha situación de emerxencia, polo que son insuficientes para resolver o conflito da vivenda», sinala a organización.
A convocatoria pretende manter a presión social para que as medidas de emerxencia dean paso a políticas permanentes que garantan o dereito á vivenda. A Alianza reivindica que os avances acadados ata agora son consecuencia da mobilización cidadá e reclama continuar avanzando na materialización efectiva dese dereito.
OuTraS NoVaS
- Vigo mezcla música y marisco este viernes: cinco grupos y tres food trucks en la Porta do Sol
- Vigo volve á rúa pola vivenda: «As medidas de emerxencia non abondan»
- El alcalde responde a la Xunta por los 78 millones bloqueados: «si no fuera tan importante, sería propio del Club de la Comedia»
- El infierno de arena vuelve a Samil: más de 30 obstáculos y 6,5 kilómetros en el Desafío Boot Camp
- Una mujer sobrevive a dos inyecciones letales y obliga a detener su ejecución en Estados Unidos





